Curso de conservas vexetais “O Chutnei e o ketchup. As conservas agridoces caseiras”, O Porriño, 10 de decembro

Nos meses de decembro, xaneiro e febreiro, realizaremos este Curso de Conservas Vexetais, monitorizado polo Proxecto Rural A Hortinha da Ponte (Forcarei).
O curso está composto de tres obradoiros -un por mes- nos que cada en cada mes, se elaborarán diversas formas de aproveitamento de alimentos orgánicos que as diversas estacións do ano nos ofrecen; xa que logo, nas conservas caseiras hai un certo valor engadido de alimento saudábel, autosuficiencia e creatividade. E asi, encurtidos, chutneis, marmeladas, licores, pestos, refrescos, conservas en aceite ou xaropes fan parte deste interesante curso de conservas..

 

“O CHUTNEI E O KETCHUP. AS CONSERVAS AGRIDOCES CASEIRAS”
10 de decembro, 16h-19,30h
-Elaboración de conservas doces con vinagre de tomate
-Elaboracion de conservas doces, con hortalizas, froitas e vinagre
-Proba do produto elaborado

 

1

2

3

4

Indicacións

-Tarifa. 14€ por persoa e obradoiro. O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. Daremos cumprida información sobre a temática dos outros dous obradoiros nos vindeiros días.
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *