Curso de iniciación á cestaría. Cestas e cestos de vimbio” 5, 12, 19 de novembro. O Porriño (Chicoria Ultramarinos)
NOTA.Se algunha das persoas que viu a anteriores cursos de cestaría, quere rematar cunha tampa, o cesto realizado, pode integrarse neste curso.
OBXECTIVOS
-Aprendizaxe e coñecemento das técnicas básicas de tecido con material vexetal. Cada persoa elaborará o seu propio cesto.
-Coñecemento de materiais empregados no obradoiro. O uso do salgueiro, vimbio, abelaira, sanguiño, loureiro.
-Elaboración, por parte de cada persoa, dunha cesta para apañar cogomelos e castañas.
-A xerga ou xiria na cestaría. A “fala bugardeira” de Mondariz.
DESTINATARIAS
-Dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na cestaría.
PROGRAMA
Sábado, 5 de novembro 16h-19,30h
Elaboración da base ou soporte da cesta ou cesto. Bases ovadas, redondas, cadradas.
Sábado, 12 de novembro. 16h-19,30h
Levantamento e remates diversos das cestas e cestos.
Sábado, 19 de novembro. 16h-19,30h
As variedades de asas. Elaboración e remate.
INSCRICIÓN E TARIFA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS
Indicacións
-A tarifa é 32€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar e un punzón. Cada persoa elaborará o seu propio cesto ou cesta (a elixir).
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental.
-Localización. “Chicoria Ultramarinos” (tenda de produtos sustentábeis).