“Curso de cestaría de vimbio II. Bandexas de servir” O Porriño, 11 e 18 de marzo

OBXECTIVOS
-Aprendizaxe e coñecemento das técnicas básicas de tecido con material vexetal. Cada persoa elaborará a súa propia bandexa do almorzo ou colocación de froitos secos e especias.
-Coñecemento de materiais empregados no obradoiro. O uso do salgueiro, vimbio, abelaira, sanguiño, loureiro.

DESTINATARIAS
-Dirixido ás persoas que queiran iniciarse na cestaría de vimbio.

PROGRAMA

Sábado,11 de marzo  16h-20h
Elaboración da base ou soporte da bandexa. Bases ovadas, redondas, cadradas.

Sábado, 18 de marzo. 16h-20h
Levantamento e remates diversos das bandexas.

INSCRICIÓN E TARIFA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS


Indicacións
-A tarifa é 32€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar, un punzón e unha navalla. Cada persoa elaborará a súa bandexa.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental. Tamén a podes realizar en ultramarinos@chicoria.gal, teléfono 886131847.
-Localización. “Chicoria Ultramarinos” (tenda de produtos sustentábeis).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *