Curso de caligrafía artística. Imaxes.
Velaquí aparecen traballos feitos durante o desenvolvemento do curso. O trobador do Mar de Vigo, Martín Codax, paira no ambiente. Faia Educación Ambiental recoñece o esforzo feito polas persoas participantes e o resultado deste. Obrigada a todas.
Tras comezarmos cun traballo dilixente de práctica de alfabetos diversos, creados ao longo do historia, as capitais abrangueron o tempo.
E foron conformando, devagar, o escrito pretendido. O exercicio da caligrafía require continua concentración e esforzo.
Ao cabo, conseguiron rematar o traballo. As Ondas do Mar de Vigo, de Martín Codax, fermosa cantiga de amigo da nosa senlleira, por singular, irrepetíbel, polo seu significado cultural, lírica galego-portuguesa.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?