Contos do medio. Vigo.

Un bo xeito de achegarmos ás máis cativas valores ambientais. As historias, os contos, apréndennos modos de vida, realidades próximas e alleas a nós.
Serven, tamén, para avanzarmos no principio de igualdade entre as persoas.




E valorizarmos a nosa lingua. Falarmos dos ríos, das flores, das festas do medio. O Maio.

As cativas, as pícaras, as pequechas, son protagonistas. Un seu mundo enchido de sensacións, cores, vivencias. Algo del poderiamos recuperar para nós.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo aposta, neste caso, pola ligazón saudábel entre a lingua e o medio e enriquece, coa promoción destas actividades, a programación escolar.

Será en Vigo. Durante unha semana, contaremos pequechas historias ao alumnado de Educación Infantil de diversos colexios. Unha escena sinxela. Palabras abondosas e imaxinación sen reservas.

Agardamos que gosten. E parabéns por esta iniciativa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *