Contos do medio. Redondela

Mincha, arola, landra, esquío, ourizo, cabuxa, lura, queimacasas, xabaril, ferreiriño, curuxa, ouriolo, bolboreta, limpafonte, ra, fraga, noz, toro, neve.


Desta volta, o programa “Contos do medio” trasládase aos centros de ensino do Concello de Redondela.

Organizado en 10 sesións, 270 é o número de alumnado da Educación Infantil e Primaria que participará no programa.

Serán o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Ensino, quen promovan os contos do noso medio natural e rural como ferramenta para acadar competencias no medio e na lingua. Hai léxico abondoso para aprendermos, un medio que descubrirmos paseniño e algunha historia que contarmos.

Agardamos que gostedes!

Até xa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *