Contos do Medio. “Charneco, o pato nadador” e “A curiosa Abella Melífera”. Vigo, maio e xuño

Volven os Contos do Medio.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo a través do SNL leva unha programación aos centros de ensino que amosa o seu interese polo tratamento lingüístico, ambiental e, xa que logo, social.

Faia fai parte dunha programación que durará os meses de maio e parte de xuño, e contará, a través de contos e un pequeno obradoiro, as vivencias de dúas especies que atravesan momentos complicados, en parte pola degradacións dos seus ecosistemas. Son as abellas e os charnecos (cercetas). Agardamos que a Educación Infantil (5-6 anos) e o primeiro ciclo de Primaria, gocen con elas.

O coñecemento destas especies, os seus hábitats, os perigos que as ameazan, xunto dun léxico específico, amplo e presente na sociedade, serán os eixos da actividade.

Agardamos que gosten..




Até xa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *