Boas sensacións no Trilho de Mosteiró

O sábado 16 de abril percorremos o trilho de Mosteiró, en Valença de Minho.
O día, despexado e caloroso, animaba á práctica de sendeirismo e, acho, que, logo de o facermos, rematamos contentes. E tamén cansas, pois foron 12 quilómetros.


Percibiuse bo ambiente, o desexo de compartirmos o que sabemos e as gañas de coñecermos un pouco máis o medio que nos cingue.
As protagonistas foron as árbores e a flora. Estamos na época do estourido da natureza e alí por onde pasábamos había algo que comentar.
O amieiro, o salgueiro e o bosque de ribeira. Escilas, cáncaros, violetas; a flor do liño, a perdigueira. A sobreira e o érbedo.

Non faltou falarmos de toponimia e das plantas e dos seus sinónimos. O alecrín e a chorima. A uz, o carrasco e a queiroa.

Se quixeres ollar máis imaxes deste roteiro, algunhas persoas que participaron quixeron ancorar as fotografías no Flickr, na icona do ángulo superior dereita.

Até a próxima saída!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *