O día 4 de novembro terá lugar o II Día da Ciencia en Galego, dedicado a exaltar o papel da ciencia na creación e profundamento da cultura galega e, asemade, vindicar o uso da lingua galega neste eido.
Este ano, a través do título “A muller na ciencia”, este día quere achegar a obra de dúas mulleres que destacaron no eido da química. Son Marie Curie e a galega, María Wonenburger.
Faia Educación Ambiental participa neste evento a través dun programa organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo no que se fomenta o uso da lingua galega en diversos obradoiros do medio.
Nunha parte deste programa, atendendo aos diferentes niveis de idade, Faia desenvolverá obradoiros do medio, en diversos colexios de Vigo, ao longo de catro semanas.
