Obradoiro de pan biolóxico. Iniciación. 21 e 28 de abril

O obradoiro de pan biolóxico divídese en dúas quendas. Así, utilizando fariñas biolóxicas e unha fermetación natural co lévedo nai, imprescindíbel na elaboración do pan de calidade, realizaremos entre todas, durante dous sábados, o proceso preciso para conquerirmos un pan rico e saudábel.

O Esteiro do Miño. A Rede Natura galego-portuguesa. 12 de febreiro, 2ª quenda.

A influencia das mareas crea, no treito final do Miño, unha variedade de ecosistemas que non pasan desapercibidos para ningunha persoa.


As marismas ou sapais, os bosques de ribeira, os bancos de area intermareais ou os sistemas dunares fomentan a aparición de flora e fauna diversas e inflúen nos modos de vida dos concellos ribeiregos.