O Esteiro do Miño. A Rede Natura galego-portuguesa.

A influencia das mareas crea, no treito final do Miño, unha variedade de ecosistemas que non pasan desapercibidos para ningunha persoa.


As marismas ou sapais, os bosques de ribeira, os bancos de area intermareais ou os sistemas dunares fomentan a aparición de flora e fauna diversas e inflúen nos modos de vida dos concellos ribeiregos.

A Serra do Cando. Imaxes.

O tempo permitiunos gozar do río Barbeira e dos cumios achanzados da Serra do Cando, no cordal dorsal galego. O mantemento do camiño responde ao traballo das presas do cárcere da Lama. O ben feito, ben parece.
Volvemos á Rede Natura. A súa xestión debe facerse efectiva. Estes espazos precisan vitalidade natural, social e cultural. E nós, máis información sobre eles.
Velaquí as imaxes.

A Serra do Cando.”Tras os pasos do Río Barbeira. Roteiro da liberdade”.

Situámonos na Lama. Na Rede Natura.
A Serra do Cando forma parte da cadea dorsal galega, que atravesa Galiza desde o norte até o sur, barreira climática entre o atlántico e o interior galego.
Na súa aba, o río Barbeira conta cun patrimonio natural e etnográfico a destacar. Muíños, pontes, canastros. Petos de ánimas.

IES Ribeira do Louro n’As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Imaxes.

As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

5 Ecosistemas de Interese comunitario, 2 de Interese Prioritario.

Turbeiras, gándaras, barreiras, brañas, bosque de ribeira, lagoas, avifauna, o sapoconcho, especies endémicas.

Patrimonio arqueolóxico, cultural.

Apatía institucional, social. Lucro territorial.

Aínda así, resisten. Merecen a nosa atención.