III Día Ciencia en Galego

O  Día da Ciencia en Galego, está dedicado a exaltar o papel da ciencia na creación e profundamento da cultura galega e, asemade, fomentar o uso da lingua galega neste eido.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo apoia este evento e, asemade, desenvolve programas que complementan esta iniciativa do coñecemento.

Así, ao longo do mes de novembro e atendendo aos diferentes niveis educativos, Faia desenvolverá nos centros de ensino de Vigo, diversos obradoiros que conxugan e se insiren nestes ámbitos.

Obradoiro de reciclaxe en Nigrán. Imaxes.

A reciclaxe dos cartóns de leite non é doada. 80% de cartón, 20% de plástico e 5% de aluminio, divididas en varias láminas. Son poucas as empresas que reciclan todas as compoñentes. E o gasto enerxético é elevado. Por isto, a redución do seu consumo debe ser unha prioridade, mais debemos buscar alternativas. Coma mal menor, a reciclaxe. E así fixemos.

Volvemos ao Concello de Nigrán, a través da Concellaría de Cultura.

Unha non espera que as crianzas, e non tanto, respondan tan ben ante un obradoiro. Mais é que a reciclaxe e a creatividade fomentan a nosa curiosidade.

En Nigrán, as pequechas e nais e pais -gozaban tanto coma as crianzas- traballaron no obradoiro. Sempre temos boas lembranzas dos lugares mais non podemos nomear ás protagonistas. Mágoa. Fica na memoria.

Velaquí as imaxes.

As aromáticas en Nigrán. A encadernación e a crema dentífrica.

Faia, a través da Concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán, realizará 3 obradoiros os venres 21 e 28 de setembro e o 5 de outubro, no Centro Comercial da Ramallosa, desde as 18h. A elaboración de sacos de arrecendo a partir de aromáticas, a encadernación e a elaboración de crema dentífrica ocuparán eses días.

Entre os obxectivos dos obradoiros procuramos que as participantes traten de  diferenciar as herbas aromáticas visual e olfativamente e coñezan os seus usos; rematarán facendo un saco de olor. A encadernación permitirá a elaboración dun pequecho caderno cuxo resultado é moi digno; mais é un obradoiro que require certa concentración. E, ao elaborarmos a crema dos dentes, decatarémonos de capacidade que temos as persoas para crearmos máis cousas das que nos veñen dadas.

Até xa!