As Lagoas de Bertiandos. Zona Húmida de Importancia Internacional (Ramsar).

Participaremos do Día Mundial das Zonas Húmidas o domingo 3 de febreiro.

Serán 12,5 quilómetros, de dificultade baixa, que atravesarán un espazo diferente, pouco abondoso e dos máis fermosos do Norte de Portugal. As Lagoas de Bertiandos. O percorrido, ademais de atravesar e cinguir o espazo protexido, permitiranos situalo, doadamente, entre o río Lima e a Serra da Arga.

A Paisagem Protegida das Lagoas de Bertiandos, sitio da Rede Natura e Zona Húmida de Importancia Internacional, localízase en Ponte de Lima e ocupa unha área de 350ha cuxos valores se espallan nas zonas envolventes ás dúas lagoas (Arcos e Mimoso) e ás marxes do río Estoraos, que vertebra o espazo e empata co río Lima. Son zonas húmidas e non-húmidas que conforman ecosistemas diferenciados con especies propias.

“Os contos das nosas fragas”. Vigo. Imaxes.

Na primavera, o chan énchese de flores; violetas, narcisos, xacintos, escilas, anémonas, xeranios.., e as aves ateigan o bosque. Hai tantas coma follas nas árbores e elíxenas segundo as súas necesidades; paporroibos, ferreiriños, piquelos, xiríns, gaios, estreliñas riscadas, petos, miñatos, corvos, gabiáns, ouriolos,…

E os ríos levan moita auga, das nevaradas do inverno e das chuvias da propia estación.

A ruta, a muiñada, o obradoiro de pan biolóxico. Imaxes.

Botamos herbicida no eido, Albino?? Ti moe ben non nos vaias deixar mal diante de toda esta xente!.-dicía Manolo-. Logo a ver que van dicir por aí de nós!
Vaite de aí, ho!.-respostaba Albino.

Boas brincadeiras nun ambiente san.
E comezamos ao revés. Como dicía o conto “mellor ir de vella para moza ca de moza para vella”

A ruta

Obradoiro de pan biolóxico. A muiñada, o pan de comiño, a rosca, a ruta dos muíños.

Velaquí tedes o programa.

Sábado, 15 de decembro
9h-13h. Elaboración do Pan de comiño.
Con fariñas biolóxicas de centeo e trigo e masa nai elaboraremos cada unha de nós este delicioso pan aromático. Sabor e olor e un certo matiz picante, moi suave; a casa fica impreganada do seu arrecendo.  Moi vicioso. E cada persoa deixará o pan preparado para a súa cocción.

Mes da Ciencia en Galego. Centros de ensino de Vigo. Imaxes.

Un programa amplo e diverso, ao longo do mes de novembro, dirixido a Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
Xabóns, aceites esenciais, aromáticas, elaboración de papel, plastilina e crema de dentes, os ecosistemas.
Un traballo enriquecedor. Os nosos parabéns á Concellaría de Normalización Lingüística.