A ruta dos Carranos, con Down Pontevedra “Xuntos”, Covelo, 22 de outubro

É un percorrido engaiolante. O bosque de ribeira do Tea amósanos, xeneroso, retallos da súa abundancia. O fresco bosque atlántico de ribeira, a ponte secular. O sobreiral de orientación sur.  Cómpre ollarmos durante un bo treito aquilo que o Tea oferece. É un corredor ecolóxico importante para a fauna e a flora. Vai cara ao Miño.  E loogo, muda a paisaxe. E aparecen o mosaico, o gando, a arquitectura da vivenda e tamén o conxunto etnográfico do Aserradoiro dos Carranos, cos seus catro predios; e ollaremos a impoñente nora de 6 metros de diámetro. Acolá, construíanse, á parte doutras pezas, os carros; velaquí a orixe do nome do percorrido.

Ao descubrirmos isto, a sensación de sosego aumenta engordiño -coma din no Courel- que, ás veces, falla nos fai…

Parque Nacional de Monfragüe. Reserva da Biosfera. 28, 29, 30, 31 de marzo.

Gratifica o ánimo e repara o corpo. Saudábel non? Hai algo máis; amplía a nosa comprensión da diversidade.
Monfragüe.
Posúe unha variedade de ecosistemas sorprendentes para quen está acostumada a ollar os espazos do norte da Península Ibérica. As cortadas rochosas onde moran o voitre leonado e, chegado o momento, a cegoña negra e o voitre branco. Repetiría até a saciedade que son moi grandes, algunhas; delicadas e esveltas, outras; belas e impoñentes, todas.

As Lagoas de Bertiandos. Un bo día. Imaxes.

O día asollado facilitou a visita ás Lagoas de Bertiandos. Este espazo, Paisagem Protegida, esta preparado para nos irmos de acolá cunha morea de imaxes retidas a través das meniñas dos nosos ollos, das conversas no grupo, do noso silencio.

E se nos cantan o Alecrim Dourado, como aconteceu no río Estoraos, o día esta gañado.

Até máis ver!