Roteiro da pedra e a auga

En Carracido, O Porriño, o sábado, 7 de maio, coñeceremos o Roteiro da pedra e da auga. É un itinerario de 4 quilómetros e 2h 1/2  de duración, aproximadamente, apto para calquera idade, cuxa saída será ás 10h e o remate ás 12,30h.
Inserido nunha contorna rural-residencial, este pequeno itinerario situado no barrio de Carracido amosa uns trazos peculiares que o singularizan.

Agroma un novo proxecto

Neste intre, en chegando a primavera, comeza a andaina de Faia Educación Ambiental. Agroma agora mais ten as raíces asentadas na experiencia certa e as gañas de aprender de todas vós. Así, tentaremos comprender mellor a nosa relación co medio natural, rural ou urbano; fomentaremos o respecto á diversidade e á igualdade; falaremos desde unha perspectiva feminina da lingua e pularemos pola creatividade e a participación. É un xeito de valorarmos, xuntas, a cerna do que nos arrodea e descubrirmos a beleza das cousas pequechas desta vida. Isto, a través de obradoiros, visitas guiadas, campañas, cursos, xornadas, charlas, campañas ou feiras ligadas ao medio.