Obradoiro de reciclaxe en Nigrán. Imaxes.

A reciclaxe dos cartóns de leite non é doada. 80% de cartón, 20% de plástico e 5% de aluminio, divididas en varias láminas. Son poucas as empresas que reciclan todas as compoñentes. E o gasto enerxético é elevado. Por isto, a redución do seu consumo debe ser unha prioridade, mais debemos buscar alternativas. Coma mal menor, a reciclaxe. E así fixemos.

Volvemos ao Concello de Nigrán, a través da Concellaría de Cultura.

Unha non espera que as crianzas, e non tanto, respondan tan ben ante un obradoiro. Mais é que a reciclaxe e a creatividade fomentan a nosa curiosidade.

En Nigrán, as pequechas e nais e pais -gozaban tanto coma as crianzas- traballaron no obradoiro. Sempre temos boas lembranzas dos lugares mais non podemos nomear ás protagonistas. Mágoa. Fica na memoria.

Velaquí as imaxes.

As aromáticas en Nigrán. A encadernación e a crema dentífrica.

Faia, a través da Concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán, realizará 3 obradoiros os venres 21 e 28 de setembro e o 5 de outubro, no Centro Comercial da Ramallosa, desde as 18h. A elaboración de sacos de arrecendo a partir de aromáticas, a encadernación e a elaboración de crema dentífrica ocuparán eses días.

Entre os obxectivos dos obradoiros procuramos que as participantes traten de  diferenciar as herbas aromáticas visual e olfativamente e coñezan os seus usos; rematarán facendo un saco de olor. A encadernación permitirá a elaboración dun pequecho caderno cuxo resultado é moi digno; mais é un obradoiro que require certa concentración. E, ao elaborarmos a crema dos dentes, decatarémonos de capacidade que temos as persoas para crearmos máis cousas das que nos veñen dadas.

Até xa!

O Esteiro do Miño. A Rede Natura galego-portuguesa.

A influencia das mareas crea, no treito final do Miño, unha variedade de ecosistemas que non pasan desapercibidos para ningunha persoa.


As marismas ou sapais, os bosques de ribeira, os bancos de area intermareais ou os sistemas dunares fomentan a aparición de flora e fauna diversas e inflúen nos modos de vida dos concellos ribeiregos.