“As fragas do Alén”. Imaxes

O bosque termófilo, bosque colino, portentoso e sabedor da súa potencia, preparado para nos recibir. Días antes, convimos con el, malia a súa ira por tantos séculos de maltrato, cortas, monocultivos de eucalipto, ignorancia e soberbia humana, que o atravesariamos e nos daría folgos e respiro. Temos necesidade. A cambio, desculpa e coñecemento, recoñecemento. Gabanza.

O Alén zumegaba frescura, limpeza. O noso chan, acedo, silíceo, solto, rezumaba a lentura do outono e amortecía pasos e faladurías.

A humidade da Serra do Suído, permanente.  Fómonos.

E o  bosque, logo de tanta presión, volveu ao estado de calma.

Mellor así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará