As aromáticas en Nigrán. A encadernación e a crema dentífrica.

Faia, a través da Concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán, realizará 3 obradoiros os venres 21 e 28 de setembro e o 5 de outubro, no Centro Comercial da Ramallosa, desde as 18h. A elaboración de sacos de arrecendo a partir de aromáticas, a encadernación e a elaboración de crema dentífrica ocuparán eses días.

Entre os obxectivos dos obradoiros procuramos que as participantes traten de  diferenciar as herbas aromáticas visual e olfativamente e coñezan os seus usos; rematarán facendo un saco de olor. A encadernación permitirá a elaboración dun pequecho caderno cuxo resultado é moi digno; mais é un obradoiro que require certa concentración. E, ao elaborarmos a crema dos dentes, decatarémonos de capacidade que temos as persoas para crearmos máis cousas das que nos veñen dadas.

Até xa!



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *