“Antropoloxía do Solsticio de verán. A Festa do San Xoán” Charla e colleita das herbas de San Xoán. Concello de Ponteareas, 23 de xuño
[ninja_form id=][ninja_form id=]O noso ritmo biolóxico vese condicionado polo noso reloxo interno e factores externos do medio, tales coma a humidade, a temperatura ou a luz.
E tamén, por outros celestes; así o día-noite, as estacións, as fases lunares,..
O 23 de xuño, na noite das cacharelas, na Noite de San Xoán, de Lúa nova cara a Cuarto crecente, o neurotransmisor acetilcolina predomina no noso cerebro. Xa que logo, a nosa sensibilidade e a emoción, receptivas, viaxarán esa noite até daren cos seres preternaturais que están fóra do noso control…; mais, velaquí aparecen as poderosas herbiñas ventureiras…
Gustas?
As prazas son limitadas. Para te anotares, departamentocultura@ponteareas.es