Trilho de Mosteiró

E, en Valença de Minho, o sábado, 16 de abril, comezamos a noso percorrido. Será un itinerario de 6h de duración, aproximadamente, apto para calquera idade, cuxa saída será ás 11h e o remate ás 17h.


Situado na freguesía do Cerdal, o trilho de Mosteiró permitiranos, a través de referencias históricas, pegadas culturais e trazos ambientais un mellor entendemento deste territorio arraiano.

Este percorrido combina elementos de interese paisaxístico, patrimonio popular e relixioso; así, os regueiros, as zonas de cultivo, as poldras, os casais compartimentados por ruelas ou o convento de Mosteiró (s. XIV), son os elementos que podemos descubrir neste roteiro.

E, na fervenza da Grova, pararemos a nos refrescarmos. Trae o teu xantar. Será un pracenteiro descanso de media hora.

Leva a túa cámara fotográfica. Ancoraremos na páxina a túa mellor fotografía do percorrido. A temática será xeral.

E lembra que é o 16 de abril.
Anímaste?

Máis indicacións:

-Cómpre inscribirse antes do 15 de abril.
-O punto de encontro será as 10,30h nas oficinas da antiga alfándega, en Valença, logo de atravesarmos a histórica ponte entre Galiza e Portugal.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706, a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou do correo electrónico info@faia.gl e deixa un teléfono de contacto.
-A tarifa é de 8€ por persoa.
-Será de balde para as menores de 10 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 25 persoas.

6 thoughts on “Trilho de Mosteiró

  1. Acredito da beleza do percurso. Procuraremos acompañarvos nesta primeira andaina.
    Parabéns pola iniciativa e moita sorte!
    Paz

  2. Precioso percurso aqui pertiño, fixenno hai dúas semanas. Se podedes non o perdades.

    Parabens pola iniciativa e moita sorte na vosa/nosa andaina.

    Milucho

  3. Tamén coñezo o roteiro e non ten perda.
    Parabéns ao nacemento de Faia e tamén pola elección dun primeiro percurso tan axeitado! Atopámonos alí o 16 de abril.

  4. Queremos subir as fotos para que vexades o ben que está o roteiro e a estupenda lección de botánica que nos deu marce onte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *