A Varanda do Coura (Paredes de Coura). A Rede Natura.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17,45h, aproximadamente.
Lonxitude do percorrido. 11,5 quilómetros.
Dificultade. Baixa.
A salientar. As forestas de carballo, o faiedo, os cultivos e pasteiros en mosaico, a raza bovina barrosa, a flora.
Tarifa. 8€.
Punto de encontro. Valença de Minho, ás 10h.
Xantar. Lembrade que, cadaquén, levará a súa comida.
Situámonos nas Terras de Coura, en Paredes de Coura, na Paisagem Protegida do Corno do Bico.
O medio rural-agrario está presente nunha grande parte do percorrido, ao camiñarmos polas zonas medias e baixas do val; nelas, fan a súa aparición as zonas de cultivos en forma de mosaico. Congostras e sebes de pedra, corredoiras laxeadas. Percibimos unha paisaxe sumamente harmoniosa.
Na primavera, a flora ventureira fortalece a súa presenza. É un bo momento para a coñecermos. Cángaros, violetas, o agrón dos prados. As escilas, algúns narcisos ou a herba das almorrás.
Acó atoparemos a vaca barrosa, raza bovina propia.
Mais o percorrido atravesa pequenos bosques belos, húmidos, de vexetación densa, nos que predomina o carballo, o acivro e a xilbarbeira. E sorprenderanos neste espazo a aparición dun faiedo naturalizado.
É lindo. Anímaste?
Outras indicacións.
-Cómpre inscribirse antes do 21 de abril.
-A tarifa é 8€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 3€.
-As menores de 12 anos tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 30 persoas.