A Serra do Cando.”Tras os pasos do Río Barbeira. Roteiro da liberdade”.
Situámonos na Lama. Na Rede Natura.
A Serra do Cando forma parte da cadea dorsal galega, que atravesa Galiza desde o norte até o sur, barreira climática entre o atlántico e o interior galego.
Na súa aba, o río Barbeira conta cun patrimonio natural e etnográfico a destacar. Muíños, pontes, canastros. Petos de ánimas.
Un bosque de ribeira conservado onde salienta o amieiro. Aparece o freixo.
Durante o percorrido aparecen a nébeda, o hortelán, a menta de auga, o tormentelo. As arandeiras.
Na serra, a paisaxe ampla e espida ensina ecosistemas valiosos. As matogueiras, os pasteiros de montaña, as turbeiras.
No cumio, o gando pace ceibo. E, non lonxe do noso itinerario, as mostras de petróglifos manifestan a ocupación milenaria deste territorio.
Anímaste?
Indicacións.
Data. 8 de xullo.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 18h, aproximadamente.
Lonxitude do percorrido. 18 quilómetros.
Dificultade. Moderada.
A salientar. O bosque de ribeira, o patrimonio etnográfico, os ecosistemas da Serra do Cando.
Tarifa. 8€.
Punto de encontro. Depende da procedencia das persoas.
Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
Inscrición.
-Cómpre inscribirse antes do 7 de xullo.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 3€.
-As menores de 12 anos tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 30 persoas.