A Festa do solsticio. Vigo

A Concellaría de Normalización Ligüística do Concello de Vigo, co obxectivo de pular pola transversalidade da lingua galega, desenvolve esta actividade no seu programa de verán, onde o pobo mestura mitoloxía, certeza, medio. A festa da gabanza do sol, da prevención do mal. A Festa do solsticio. O sanxóan.

Coa Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, na sexta feira/venres, 21 de xuño, ás 20h, no local de Cánovas del Castillo, 2, charlaremos sobre a festa do solsticio e, o día a seguir, o sábado, ás 18h, camiñaremos un pouco por Candeán para recoñecermos as herbas.

Cumprimentos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *