A elaboración de cervexa na casa. Iniciación. 16 e 23 de novembro
O método de elaboración de cervexa na casa non é complexo. Debemos ter en conta os útiles, os ingredientes, os tempos, as temperaturas ou as fermentacións.
Así, os sabores e os aromas das cervexas variarán segundo os tipos de malta a utilizarmos, a cantidade de lúpulo e o momento de o engadir ao mosto, as temperaturas de cocción ou a correcta utilización do lévedo.
E faremos unha deliciosa cervexa cobriza a partir do extracto de malta.
PROGRAMA
Sábado 16, 9,30h-12,30h
Os útiles. Fermentadores, válvula, densímetro, termómetro. Alternativas caseiras.
Os ingredientes.a auga, o lévedo, o extracto, o lúpulo.
Método de elaboración.O mosto, a cocción, o arrefriado, as densidades, a fermentación
Proba de cervexa caseira
Sábado 23 9,30h-11h
A gasificación
O embotellado
Anímaste?
Indicacións
-Datas. 16 e 23 de novembro.
-Destinatarias. Público adulto.
-Localización. Baixo no Porriño.
-Duración global. 4½h
-Hora de comezo. 9,30h
-Punto de encontro. 9,15h na Praza do Concello.
-Tarifa, 19€. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-Inscrición. Data límite, 15 de novembro.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.