9 meses, 9 pans “O pan de cogomelos infusionado” 7 de outubro, O Porriño

PROGRAMA

9,30h-13,30h
O PAN DE COGOMELOS INFUSIONADO
As persoas anotadas elaborarán o seu propio pan con masa nai, listo para enfornaren nas súas casas.

DEGUSTACIÓN DE PAN DE COGOMELOS

E ENTRE FERMENTACIÓNS
-Diversas preparacións da masa nai e a súa conservación
-Tipos de fariñas
-O corte do pan, a cocción.

Máis indicacións ao remate das fotografías

Indicacións

Tarifa. 16€ por persoa e obradoiro. Cadaquén pode elixir o obradoiro do curso que quixer. Iremos publicando mensualmente os contidos dos seguintes obradoiros. O pagamento farase no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, as fariñas biolóxicas, os fermentos, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. As persoas participantes, levarán o seu pan preparado para enfornar.
Localización. Baixo no Porriño.
Punto de encontro. Ás 9,15h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal (pode ser de aceiro ou plástico groso) de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
Para a elaboración do pan, precisades traer 100 gramos de cogomelos.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *