5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. As Lagoas de Bertiandos (Ponte de Lima, Portugal)

O itinerario proposto encheranos o ánimo de boas sensacións. En Ponte de Lima, Portugal, é onde se sitúa o noso percorrido.


Comezará e rematará no Centro de Interpretaçâo das Lagoas de Bertiandos. Será un percorrido de 5 1/2h de duración, aproximadamente, apto para calquera idade, doado de facer, cuxa saída será ás 11h e o remate ás 16,30h. Leva o teu xantar. Faremos unha parada ás 13,30h nas marxes do río Estorâos onde nos poderemos refrescar.

O percorrido mestura varios itinerarios co gallo de que poidamos ver os diversos ecosistemas. Así, a bacía do río Estorâos, onde dominan salgueiros, amieiros e diversos tipos de fentos.

As lagoas, con elevada diversidade de anátidas e, malia que non for esta a mellor época para as ollarmos, procuraremos albiscalas e coñecelas.

As veigas nas que predomina o cultivo do millo e o viñedo. As tapadas, pasteiros naturais divididos por sebes.

Leva a túa cámara fotográfica. Hai abondosos motivos  que fotografar. Ancoraremos na páxina as fotografías do percorrido. A temática será xeral.

E lembra que é o 5 de xuño.
Anímaste?

Máis indicacións:

-Cómpre inscribirse antes do 4 de xuño.
-A tarifa é de 8€ por persoa.
-A unidade de convivencia de 3 ou máis persoas tarifará unha persoa menos.
-Será de balde para as menores de 10 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal.
-O punto de encontro será as 9,30h nas oficinas da antiga alfándega, en Valença de Minho, logo de atravesarmos a histórica ponte entre Galiza e Portugal.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706, a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou do correo electrónico info@faia.gl e deixa un teléfono de contacto.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 25 persoas.

1 thought on “5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. As Lagoas de Bertiandos (Ponte de Lima, Portugal)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *