23 de xuño. As herbas do solsticio. O paseo. O san xoán

“…primeiro machucamos a ruda no morteiro, refregamos a man e logo…”

Época de ritos, crenzas, preparados, paganismo. O lume, a auga, as herbas aromáticas. O cacho.

O domingo 23 de xuño daremos un pequeno paseo en Budiño, O Porriño. Será cedo, ás 10h e o remate ás 13h, aproximadamente.

Recoñeremos e apañaremos as herbas silvestres e as da horta e, a través dos seus usos, comprenderemos o protagonismo e a dimensión que esa mesma noite acadan, xunto do lume e da auga, na cultura dos pobos.



Anímaste?

Indicacións

-Localización. O Porriño, Budiño.
-Punto de encontro. Dependerá da procedencia das persoas.
-Hora de comezo. 10h.
-Hora de remate. 13h.
-Tarifa. 5€. (Inclúe seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha non tarifará.
-As menores de 12 anos non tarifarán.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Data límite de inscrición, 22 de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *