Contos do Medio. Centros de ensino de Vigo. Imaxes.
12 centros de ensino do concello de Vigo participaron no programa “Contos do medio”.
Faia levou a cabo o programa “Contos do medio”, a través da Concellaría de Normalización Lingüística; e o profesorado de cada centro colaborou. A lingua e o medio.

As cativas de Educación Infantil, as destinatarias.


Foron días intensos. As cativas enriquecen a nosa perspectiva coa súa visión do mundo. Libres dos prexuízos das adultas, sorprenden. O traballo con elas é un reto e aproximarlles os valores de diversidade, igualdade, solidariedade é importante; necesario. Damos e recibimos.
Nos “Contos do medio”, o carballo. O grande carballo, a landra, o bugallo.


As estacións do ano.
Ras, ferreiriños, bolboretas, limpafontes.


No verán a praia; no outono, a landra.
O esquío, na primavera, sae do tobo á primeira.
Este mundo existe, é; e queren coñecelo. Amosémosllelo, daquela.



Até máis ver!


Canta curiosidade e ilusión podese ver nesas cariñas.
Unha grande labor.
Parabéns
marcelo parabéns as fotos son preciosas e a túa labor muito máis, aperta