Obradoiro de pan biolóxico. Iniciación. O Porriño, 12 e 19 de novembro.
Utilizando fariñas biolóxicas e unha fermetación natural co lévedo nai, imprescindíbel na elaboración do pan de calidade, realizaremos entre todas o proceso preciso para conquerirmos un pan rico e saudábel.
Este pan estará libre dos aditivos que fomentan melloraren a textura, o seu olor e sabor, de acordo coa preocupación pola apariencia que inza na nosa sociedade. Non os precisa.
Conversaremos sobre o pan industrial e o biolóxico, os aditivos, as propiedades do pan, as fariñas ou as chaves para facermos un bo pan.
Cada sábado, as participantes deixarán preparado o pan para a súa cocción. Ademais da fariña triga biolóxica e a centea, neste obradoiro incluiremos a espelta, unha variedade antiga de trigo que contén unhas propiedades nutricionais elevadas e un sabor intenso.
Agardamos que gostes. Anímaste?
Indicacións:
-Limite de prazas, 13 persoas.
-Localización. Local do Porriño.
-A tarifa é de 29€ por persoa. O pagamento farase o día 21, no comezo do obradoiro.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-É obriga formalizares a inscrición no teléfono 686998706 ou a través do correo electrónico info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.
ola! estou interesada en asistir ó obradoiro de pan, si ainda quedan prazas anotome! un saudo!