Faia Educación Ambiental

“Outono en Pena Trevinca e Caldesiños. Bosques, glaciarismo e turbeiras de montaña. As Médulas galegas” 27 e 28 de outubro, Pena Trevinca-Viana do Bolo

Comeza o día, e a Escabiosa de flores purpúreas en capítulos delicados, indícame no mato que unha nova alegría, hoxe, é posíbel. A primeira turbación. Só ela, coa súa sinxeleza semiesférica, rezuma amor.

Próxima a ela, achégome aos froitos xa abertos, secos, da que foi unha flor bela; a Perdigueira…ela, sempre ela, descúbreme que a decadencia é un estado fermoso, nostálxico, pausado e vibrante da alma. Xa teño as certezas, a seguridade para seguir. Subo.

Na beira do camiño, as trompetas das Cladonias tocan as teclas da vida, e o seu micromundo vivo lévame ás orlas dos bosquetes de Rebolos e os seus froitos. Caramuxos, Capudres, Sanguiños. Máis adiante, na altitude e horizontalidade, entre as esponxosas ramalladas das pequechas Agrostis, ábrese o Val glaciar. Conteño a emoción e un choro tácito faime enfraquecer. Baixo sen demora. Penetro na espesura das reboleiras, e nun claro boscoso, unha pequena Turbeira catívame e dime que a recoñeza sen danar o seu equilibrio. Mais xa vexo a Uz das brañas, xa a Orballiña. Non preciso máis. Eles dous -quen me acompañan- sábeno.

A seducción prosegue camiño. Logo, unha Gándara. Que escasas…; á dereita pequenos Bosques aluviais agochan o pequeno regueiro e, agradecida e turbada, non espero que un pequeno e denso Bidueiral agarime e protexa, exclusivamente, outro regueiro e me paralice os sentidos.

O resto…. foi revivir, querer. Lembraba eu á Escabiosa de flores purpúreas en capítulos delicados. Todo aquilo que insinuara era certo…

DOCUMENTOS—- PROGRAMA E ALOXAMENTO-RESERVA —-

Máis información sobre a TARIFA, logo das fotografías



 

Máis indicacións

-A tarifa é 73€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 63€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 63€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 63€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado no Albergue de 3 estrelas, Fundación Cipri Gomes (Viana do Bolo), a cea do sábado, o almorzo do domingo e o xantar do domingo, a preparación do programa, a monitorización das rutas, a visita guiada e o seguro de responsabilidade civil.
Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste FORMULARIO. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou no correo-e info@faia.gl

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *