Visita aos Parques Naturais “Douro Internacional–Las Arribes del Duero” (Miranda do Douro. Salamanca). 29, 30, 31 de marzo, 1 de abril



Entre o Douro Internacional e Las Arribes del Duero, os 100km dos canóns máis profundos da Península Ibérica condicionan o medio natural e o rural. E aparecen tenues contrastes de elevada harmonía. Mais a vida non é fácil para ninguén..
Posúe valores paisaxísticos, faunísticos, botánicos, etnográficos, xeolóxicos, culturais, e singulares recursos agro-gandeiros.
Aparecen o voitre leonado e o voitre branco no Douro Internacional, nas Arribes, nas cortadas de granito; e, aínda que presente, máis difícil será ollarmos á cegoña negra. Nos cortíns, a raza asnal zamorano-leonesa. As formacións adehesadas, máis pequechas que en Extremadura, seguen a ser fermosos sistemas agro-silvo-pastorís con aciñeiras de gran porte.
E arrinca a primavera…percíbese na flora, no ar, na luz. Paseniño, aparecerán as mapoulas, as arzaias, as fermosas estevas; xenebreiros de bo porte, os caraveis, o tomiño,…No bosque húmido mediterráneo abonda un novo carballo para nós, o caxigo, e as altas fervenzas ocupan os considerábeis desniveis dos ríos; os socalcos do Douro amosan extensións de oliveiras e amendoiras; tamén de viñedos da D.O Arribes.

E así, a través dos percorridos a pé, desvelaremos os diferentes ecosistemas; algunhas visitas guiadas centraranse nas iniciativas empresariais que teñen en conta o medio no que se sustentan; e, noutras, veremos o patrimonio etnográfico traballado desde unha óptica moi peculiar…

DOCUMENTOS “PROGRAMA”  HOSPEDAXE E RESERVA”

 Máis indicacións

-A tarifa é 114€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 99€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 99€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 99€.
-O prezo inclúe a hospedaxe de 3 noites (xoves, venres, sábado), o almorzo de 3 días (venres, sábado, domingo) e a cea de 3 noites (xoves, venres, sábado) e o xantar volante/picnic de 3 días (venres, sábado, domingo). Sera no Albergue Juvenil La Noria, da Rede Hostelling International, de propiedade municipal. Tamén inclúe a preparación do programa, as monitorizacións ambientais, as visitas guiadas, o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través de  info@faia.gl ou do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *