“Iniciación a cestaría tradicional de vimbio e codeso” Chicoria Ultramarinos (O Porriño), 24 de febreiro, 3 e 10 de marzo

OBXECTIVOS
-Aprendizaxe e coñecemento das técnicas de tecido con material vexetal.
-As persoas elaborarán o seu propio cesto.
-Coñecemento de materiais empregados no obradoiro. O uso do codeso, vimbio vermello e amarelo, vimbio negro.

DESTINATARIAS
-Dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na cestaría tradicional.

PROGRAMA

Sábado, 24 de febreiro, 16,30h-20h
Elaboración da base ou soporte da cesta ou cesto. Bases ovadas, redondas, cadradas.

Sábado, 3 de marzo, 16,30h-20h
Levantamento e remates diversos das cestas e cestos.

Sábado, 10 de marzo, 16,30h-20h
As variedades de asas. Elaboración e remate.

INSCRICIÓN E TARIFA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS





 

 

 

 

Indicacións
-A tarifa é 35€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar e un punzón. Cada persoa elaborará o seu propio cesto ou cesta (a elixir).
–Localización. “Chicoria Ultramarinos” (tenda de produtos sustentábeis).
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través dos teléfono 686998706 (Faia), 886131847 (Chicoria Ultramarinos), info@faia.gl ou ultramarinos@chicoria.gal A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental ou de Chicoria Ultramarinos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *