Faia Educación Ambiental

Paseíños para peques. “Os anfibios. A fraxilidade dos vertebrados máis remotos!” P.N. Monte Aloia, 14 de abril

-IDADES
4-12 anos (Deben ir coa súa unidade de convivencia)

OBXECTIVOS
-Descubrimento e coñecemento das especies anfibias. Anuros e Urodelos/Ápodos.
-Comportamento, morfoloxía, ciclo vital, respiración, alimentación, predación, ecosistemas.
-Ameazas.
-Traballo de campo no caderno.

Máis información, logo das fotografías.

Indicacións
Localización. Parque Natural do Monte Aloia.
Data. Domingo, 14 de abril.
Lonxitude do paseo. 2 km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 15€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un pequeno caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores. Quen teña lupa, pode traela.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO  Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *