Faia Educación Ambiental

Contos do medio

“…Cando atravesamos unha fraga sentimos unha leve emoción, un desexo de mirarmos atrás, de pararmos e escoitarmos non sabemos qué; isto acontece porque a alma da fraga roza a nosa alma e o que nela hai ligado a unha vida esquecida, remóvese e asoma…”
(O bosque animado)


O programa “Contos do medio” trasládase ás bibliotecas Central e Neira Vilas do Concello de Vigo. E un novo espazo de actuación; o Hospital Xeral.

E, novamente, a Concellaría de Normalización Lingüística, no laborioso traballo de normalización en diferentes ámbitos sociais, promove os contos como ferramenta para acadar competencias no medio e na lingua.



Mais nesta programación, as destinatarias non só serán as cativas. Sabemos que elas nos enriquecen coa súa visión do mundo; dificilmente atoparemos prexuízos e isto é unha fonte de aprendizaxe para nós. Somos quen de aprendermos delas?

As adultas tamén participarán. O desexo de coñeceren e a súa experiencia serán determinantes para conquerirmos unhas xornadas do gosto de todas.

Landra, cabaza, esquío, ourizo, xabaril, outono, ferreiriño, ouriolo, bolboreta, limpafonte, ra, fraga, o Apalpador, noz, abelá, toro, neve.
Até máis ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *