Imaxes dos “Paseíños para peques. Liques, fentos e brións..que seres tan estraños!”

Deitamos suavemente a man sobre o brión….e ti tocas un lique Evernia verde intenso. Andando, andando, sorpréndeste coas longas barbas dos Usneas mentres grupos de fermosos narcisos cyclamineus adobian o camiño. O Tea, nas torrentes, baixa bravo, fresco, cantaruxeiro. Vovían medrar os fentos, e as pingas de chuvia, a grande aliada destes fermosos seres, amosábase nesta pequena lección e acompañábanos, mentres enchoupaba a fentos, brións e liques, e pousaba sobre nós.

E así foron aparecendo a fronde, o raquis mais a pinna; os rizomas e as raiceiras. Os apotecios dos liques, a simbiose na que a alga sae peor parada; as hifas e micelios; os soros vibrantes, os esporanxios e esporas…a reprodución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *