Curso de pans aromáticos con masa nai II. Iniciación. “O Pan de espinacas e sementes”, O Porriño, 25 de febreiro

PROGRAMA

9,30h-13,30h
O PAN DE ESPINACAS E SEMENTES DE SÉSAMO E LIÑO
Aromático. Sabor suave, miga tenra, verde e esponxosa, lixeiramente húmida, textura crocante. Un alimento delicioso.

ENTRE FERMENTACIÓNS
-Diversas preparacións da masa nai e a súa conservación
-Tipos de fariñas
-Porcentaxes, métodos
-O corte do pan, a cocción.

NO REMATE..
levaredes o pan  preparado para o enfornar nas vosas casas.
Máis indicacións ao remate das fotografías

Indicacións

-Tarifa. 16€ por persoa e obradoiro. O pagamento farase no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, as fariñas biolóxicas, as sementes, os fermentos, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. As persoas participantes, levarán o seu pan preparado para enfornar. Cadaquén pode elixir o obradoiro do curso que quixer. Os seguintes obradoiros desenvólvense en marzo e abril. Iremos publicando os seus contidos.
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 9,15h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal (pode ser de aceiro ou plástico groso) de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
Para o pan de espinacas e sementes, precisades traer 200 gramos de espinacas. Se quixerdes traer algún tipo de sementes do que gustedes, facédeo. No obradoiro Faia utilizará sésamo e liño.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *