Faia no Mes da Ciencia en Galego. Concello de Vigo. Novembro de 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co obxectivo de colaborar no VI Día da Ciencia en Galego, na normalización, estandarizacion da lingua galega nos contidos de ciencia, pon en marcha un programa amplo no mes de novembro cara aos centros de ensino que presta atención aos cambios físicos e químicos, á creatividade do alumnado, ao léxico e á conversa en galego.

Faia Educacion Ambiental participará neste programa levando diversos obradoiros aos centros de ensino de Vigo, dirixidas Educación primaria, ESO. E así, serán tratadas as emulsións, as augas florais, os hidrolatos, a saponificación, as destilacións, os sacos de arrecendo, a elaboración de papel, as cremas hidratantes, os aceites esenciais, sales de baño, as cremas dentífricas, ou os ungüentos e pomadas.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *