“Visita á Ila de Cortegada. A singularidade do territorio” Imaxes

Imaxinádevos. Desembocadura do Ulla. A brétema baixa do río e penetra paseniño sobre Cortegada. E aí descansa. Tanto, que ás veces, envólvea unha mesta cortina. A temperatura morna. A humidade ambiental, evidente.
Abre o día.
Dentro, unha apertada masa boscosa de loureiros, carballos atlánticos e cerquiños únese por lianas, por gabeadoras. Non hai sotobosque. Admiramos esta imaxe. No silencio, na foresta, os movementos rápidos dos carrizos, ferreiriños varios, papuxas e gabeadores enchen a illa. Son, o son do bosque.
Os camiños lévannos as antigas ocupacións, á histórica capela abandonada.
Nun momento, paramos, e as pegadas da illa e arredores, insinúan a historia de Cortegada. A rica historia. Concheiros que nos levan á cultura castrexa. O tráfico marítimo na romanización, na Idade Media. A ocupación popular da illa. O seu abandono, nalgúns casos, por expulsión. A recuperación.
Mais hoxe, inmersas nunha crise climática, o nivel do mar aumenta. E Cortegada é unha illa chan, unha lingua horizontal a rentes do mar….. Aínda non sabemos o que facemos.
E Cortegada, é fermosa..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *