Curso de pans aromáticos con masa nai. Iniciación. “A Chapata mediterránea e o Pan de cervexa,” 28 de xaneiro, O Porriño

PROGRAMA

9,30h-13,30h
O PAN DE CERVEXA NEGRA
Pan de textura agreste, miga esponxosa, sabor doce e cor torrada, lévase moi ben con queixos.

A CHAPATA MEDITERRÁNEA
Sabor intenso, textura crocante, complemento de verduras, ensaladas e queixos, mais pódese saborear só.

ENTRE FERMENTACIÓNS
-Diversas preparacións da masa nai e a súa conservación
-Tipos de fariñas
-O corte do pan, a cocción.

NOTA. As persoas anotadas elaborarán un dos dous tipos de pan (elixirán un) e o levarán preparado para enfornar nas súas casas.
Máis indicacións ao remate das fotografías.

Indicacións

-Tarifa. 16€ por persoa e obradoiro. O pagamento farase no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, as fariñas biolóxicas, os fermentos, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. As persoas participantes, levarán o seu pan preparado para enfornar. Cadaquén pode elixir o obradoiro do curso que quixer. Os seguintes obradoiros desenvólvense en febreiro, marzo e abril. Iremos publicando os seus contidos.
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 9,15h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
Para o pan de cervexa, 33cl (o equivalente a unha lata ou botella) de cervexa negra.
Para a chapata mediterránea, olivas negras.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *