Actividades nos Centros. Coa Asociación Inventiva, “O marabilloso mundo das abellas” Outubro-novembro-decembro. Vigo

Inventiva é unha asociación aberta que pretende dar resposta ás inquedanzas intelectuais ou altas capacidades de nenas e nenos de determinadas idades. Neste caso, entre os tres e os seis anos, traballaremos un programa sobre as abellas e todo o que as arrodean.

Nas actividades, veremos as dificultades polas que atravesan, o seu papel na vitalidade do planeta, a división do traballo na colmea, os produtos que elaboran e a súa mestura, o voo, a linguaxe,..

Todo isto, a través de conversas, obradoiros culinarios, monicreques, contos, obradoiros de cera,..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *