Ruta “Bosquetes do Miño. As pequenas selvas” Tui, 25 de xuño

O gran río, desde a Serra de Meira e durante 310km, polos vieiros da súa cunca, recibe augas xenerosas de destacados ríos galegos e portugueses. Así, o Sil, o Tea, o Gadanha, o Búbal, o Arnoia, o Avia, o Ferreira, o Louro, O Tamuxe, o Barbantiño, o Coura, o Termes,… Atravesan serras sobranceiras galegas (O Xistral, Trevinca, San Mamede, O Faro, O Suído, Cova da Serpe, Serra Loba, Aloia,..) e, xuntas, conforman un sinfín de ecosistemas diferentes, variados, con fenómenos xeolóxicos destacados. Tamén, patrimonio histórico e etnográfico.

Anda o Miño, mais tampouco non se libra dos encoros, que o rompen.

Xa no curso baixo e antes de rematar no Océano, “o enorme río que circunda o Mundo“, segundo gregas e romanas, dá sentido ao Baixo Miño.

Acó, presenta 32 ecosistemas de protección da Rede natura e sofre malia a súa xenerosidade tamén a contaminación e as bioinvasións. Mais déixanos momentos vibrantes….

Máis indicacións, logo das fotografías.

Indicacións
Localización. Tui
Data. 25 de xuño
Lonxitude do percorrido. 9km
Dificultade. Fácil.
Horas de inicio. 11h
Horas de remate. 16,30h
Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación e monitorización da ruta, e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade.
Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *